post

SD Muimenta 2 – 0 SCD Milagrosa

SD Muimenta 2 – 0 SCD Milagrosa

A pasada fin de semana o Muimenta mediuse á SCD Milagrosa en O’ Pichón, nun apasionante duelo que deixou ao Muimenta nunha posición privilexiada na táboa da Terceira Norte, tras superar aos capitalinos por 2-0. Nun encontro onde o Muimenta levou o peso do encontro tratando sempre de ter a posesión e xogar dende atrás.

Os Goles:

     1-0   GEGUNDE IRIMIA, JAIRO (60′)
       2-0   RODRIGUEZ REGUEIRO, JULIO (90’+3)

MUIMENTA S.D.

Titulares:

  1  ALONSO PEREZ JAVIER
  2  BARJA RODRIGUEZ, ALEJANDRO
  3  CASTRO FRAGA, DIEGO
  4  LOPEZ BLANCO IAGO
  5  GONZALEZ JARTIN JULIO J
  6  RODRIGUEZ REGUEIRO PABLO
  8  MORAN GUEIMONDE, MIGUEL
  9  MORAN GUEIMONDE, JAVIER
  10  SEIVANE DOVAL EDUARDO
  11  IRIMIA YAÑEZ DANIELº
  20  GEGUNDE IRIMIA, JAIRO

SUSTITUCIONES

15 RODRIGUEZ REGUEIRO, JULIO
11 IRIMIA YAÑEZ DANIELº (62′)
17 ENGROBA SAAVEDRA, HUGO
9 MORAN GUEIMONDE, JAVIER (70′)
23 ROJO GARCIA, ALEJANDRO
10 SEIVANE DOVAL EDUARDO (77′)
7 VAL PEDREIRA FERNANDO
23 ROJO GARCIA, ALEJANDRO (84′)
14 PENA SILVOSA, CRISTIAN
6 RODRIGUEZ REGUEIRO PABLO (87′)

S.C.D. MILAGROSA

Titulares:

  1  FERNANDEZ ALONSO, LUIS
  2  BARRAN BALIÑA, DIEGO
  3  GOMEZ GUTIERREZ JUAN
  4  VAZQUEZ RIVAS EDGAR
  5  CARRO BARROS, ANTONIO
  6  VASCO PIÑEIRO JOEL
  7  LOSADA FERNANDEZ DAVID
  8  RODRIGUEZ SEÑORANS ALVARO
  9  GONZALEZ ESCUDERO OSCAR
  10  BELLO PEROL RUBEN
  11  LOPEZ PEREZ FAUSTINO

 

SUSTITUCIONES

15 ZAS GARCIA FERNANDO J
11 LOPEZ PEREZ FAUSTINO (58′)
16 VASCO PIÑEIRO ALEX
7 LOSADA FERNANDEZ DAVID (67′)
17 FONTAO SILVA DAVID
3 GOMEZ GUTIERREZ JUAN (75′)
14 REY ALONSO, DIEGO
2 BARRAN BALIÑA, DIEGO (80′)

 

 

Imaxes de http://futbolinlugo.es

post

Tempada 1986-1987

Na tempada 1986-1987 a S.D. Muimenta contaba con un equipo de xuvenís que acadou o campionato da 1º categoría.

 

post

Carta do Alcalde de Cospeito, polo 25 aniversario do clube

Saúda do Alcalde

 

É para min unha honra e o mesmo tempo unha satisfacción poder saudar, dende estas páxinas, a todos os xogadores, técnicos, directivos, socios e aficionados da S. D. Muimenta.

Cónstame que este club, dende os seus inicios, contou con xente traballadora, humilde, honrada, e con moitas ganas de facer ben as cousas, tamén con moita paciencia, pero sobre todo disposta a sacrificarse en todo momento.

Froito de todo esto son os 25 anos de historia e o extraordinario éxito deportivo deste ano, donde un gran grupo humano consegue o tan desexado ascenso a 1ª rexional autonómica.

Por todo elo, en nome do Concello que represento e no meu propio, a miña máis sincera felicitación e noraboa.

O éxito nunca chega solo, e recórdame a época na que eu mesmo formei parte deste xa histórico club, donde se segue mantendo os valores de antes: solidariedade, disciplina, traballo, paciencia, organización, moita ilusión e tamén o orgullo de pasear as cores deste club como símbolo de unión, compañeirismo e amizade.

Son estes mimbres máis que suficientes para colleitar éxitos como o que agora neste 25 aniversario temos o gusto de celebrar.

Por todo esto quero animarvos a todos a seguir traballando e fomentando o espírito deportivo alí por donde pasedes. Moitas veces encontraranse dificultades, pero nada debe impedir que este club sexa un referente e un dos máis grandes do fútbol provincial, e que leve con moito orgullo o nome de Muimenta e do Concello de Cospeito.

Despois de 25 anos de historia, as bases para o futuro están sentadas. Agora a disfrutar dos moitos éxitos que seguro aínda quedan por colleitar.

Que o empeño de todos nos sirva de unión e de forza para berrar ben alto:

AUPA S.D. MUIMENTA E LONGA VIDA.

 

Armando Castosa Alvariño

Alcalde-Presiende do Concello de Cospeito