A SD Muimenta conquistou o VIII Trofeo Concello de Cospeito tras vencer por 1-0 ó Abadín CF.

O equipo de Kubala conseguíu o seu primeiro título do ano ó vencer na final por 1-0 ó Abadín CF. No primeiro tempo vimos un Muimenta que nunca renunciou a levar o peso do partido, intentando sacar dende atrás o balón xogado, pese a presión do rival. Unha primeira metade moi física e con poucas ocasións de gol claras.

No segundo tempo o partido seguíu igual. Corría o minuto 55 e o Muimenta empezaba un novo ataque triangulando na zoa de creación. Un pase longo de David hacia a banda esquerda, donde estaba Casiano, orixinou o primeiro e único gol do encontro. Casiano recibíu o esférico na liña de 3/4 pegado a banda, controlou e encarou ó lateral dereito do Abadín, meteuse dentro da área, e logo dun cambio de rítmo foi derribado dunha entrada a rás do chan. Penalti claro. Jorge encargaríase de transformalo.

No minuto 58 o lateral dereito do Abadín sería expulsado logo dunha forte entrada a destempo sobre Benjamín. O partido empezou a ir de máis a menos, con máis ganas que forzas físicas dos xogadores. Aínda así teríamos tempo para que outro xogador do Abadín (o lateral esquerdo) fose expulsado por protestar.

O Abadín intentou chegar con perigro en varias accións, pero sempre se encontraba con un Luis Sandamil moi seguro. Éste sería elexido o mellor porteiro do torneo, sen encaixar ningún gol.