Saúda do Alcalde

 

É para min unha honra e o mesmo tempo unha satisfacción poder saudar, dende estas páxinas, a todos os xogadores, técnicos, directivos, socios e aficionados da S. D. Muimenta.

Cónstame que este club, dende os seus inicios, contou con xente traballadora, humilde, honrada, e con moitas ganas de facer ben as cousas, tamén con moita paciencia, pero sobre todo disposta a sacrificarse en todo momento.

Froito de todo esto son os 25 anos de historia e o extraordinario éxito deportivo deste ano, donde un gran grupo humano consegue o tan desexado ascenso a 1ª rexional autonómica.

Por todo elo, en nome do Concello que represento e no meu propio, a miña máis sincera felicitación e noraboa.

O éxito nunca chega solo, e recórdame a época na que eu mesmo formei parte deste xa histórico club, donde se segue mantendo os valores de antes: solidariedade, disciplina, traballo, paciencia, organización, moita ilusión e tamén o orgullo de pasear as cores deste club como símbolo de unión, compañeirismo e amizade.

Son estes mimbres máis que suficientes para colleitar éxitos como o que agora neste 25 aniversario temos o gusto de celebrar.

Por todo esto quero animarvos a todos a seguir traballando e fomentando o espírito deportivo alí por donde pasedes. Moitas veces encontraranse dificultades, pero nada debe impedir que este club sexa un referente e un dos máis grandes do fútbol provincial, e que leve con moito orgullo o nome de Muimenta e do Concello de Cospeito.

Despois de 25 anos de historia, as bases para o futuro están sentadas. Agora a disfrutar dos moitos éxitos que seguro aínda quedan por colleitar.

Que o empeño de todos nos sirva de unión e de forza para berrar ben alto:

AUPA S.D. MUIMENTA E LONGA VIDA.

 

Armando Castosa Alvariño

Alcalde-Presiende do Concello de Cospeito