A Historia

  • En 1981, Muimenta comezou a vibrar cas cores verdibrancas ao son do seu equipo de fútbol, como un campión. Agora chegou o momento de conmemora-lo nacemento deste modesto club contando a súa historia. Unha historia que escriben os xogadores que defenderon as súas cores, os técnicos que os dirixiron, e os directivos que, con gran esforzo, dedicación, tempo e algo máis, fixeron posible a supervivencia do club durante maís de 32 anos, sen esquecer a todos aqueles que, antes de federalo, traballaron arreo para espertar a afección cara un xogo que fai más de medio século trocou o dos bolos polo do balompé.

 
  • A historia do Muimenta escrébese dende a tenrura deportiva dun club que conseguíu o seu arraigo social con humildade e defendendo o espírito asociativo, dun equipo que un grupo de persoas, puxo en marcha a través dun club que hoxe ten unha historia digna de ser relatada dende a sinxeleza, e de ser recordada con agrado para no porvir permaneza sempre viva na lembranza. Ese mesmo espírito foi o que fixo posible que a S. D. Muimenta chégase ata aquí e é o que debe perseverar no futuro.

  • No ano 2082 a S.D. Muimenta celebrará o centenario da súa fundación. Os que cheguen aló teñen, dende hoxe mesmo, o compromiso de conmemorar esa data histórica co solemnidade que se merece. Agora, sentímonos moi satisfeitos de unir a nosa voz á de todos os afeccionados para berrar un animoso e entusiasta. Aúpa a S.D. Muimenta!