A SD Muimenta segue coa preparación da nova tempada, onte ás 21:00h completou o seu terceiro adestramento coa mirada posta xa nos primeiros encontros da pre-tempada, que se disputarán o próximo fin de semana no campo Municipal de Cospeito 'A Fonte', co motivo do VII Trofeo do Concello de Cospeito, no cal participarán a SD Muimenta, CD Cospeito, AD Catro Roldas e Abadín CF. Os partidos quedan repartidos ó longo do fin de semana deste xeito:

SABADO 9 DE AGOSTO

18:00H

SD MUIMENTA - AD CATRO ROLDAS

20:00H

ABADIN CF - CD COSPEITO

DOMINGO 10 DE AGOSTO

17:00H

TERCEIRO E CUARTO POSTO

19:00H

FINAL

O clube celeste terá hoxe ás 21:00h outra sesión de adestramento no estadio O'Pichón, última sesión antes do fin de semana.